jueves, 31 de marzo de 2016

Voki!

Para que poidades empregar estas animacións cos vosos alumnos, deixovos o meu Voki. Disfrutade!

miércoles, 23 de marzo de 2016

O concepto de xogo

Desde sempre, os nosos cativos estiveron movidos dentro da curiosidade e ledicia de aprender xogando, interactuar con un referente real ou virtual que os guiase por aventuras descoñecidas. Pois ben, dentro da era da comunicación e información na cal vivimos, os docentes e profesionais da educación non podemos deixar á marxe a importancia que pode chegar a ter o xogo e, máis concretamente, o videoxogo, dentro da formación dos nosos discentes. Para poder introducirnos neste apaixoante mundo virtual, podemos comezar por visitar as presentacións de SlideShare, unha ferramenta que nos permite acceder ou mesmo compartir todo tipo de información de interese en formato presentación, provocando así que todo o coñecementos que se quere transmitir, se faga de xeito atractivo para quen o visione posteriormente. Deixovos un exemplo da temática anterior, para que poidades opinar sobre a súa funcionalidade, tanto de SlideShare coma dos videoxogos para os nosos pequenos.

Explorando ISSUU

Como sabedes, actualmente as novas tecnoloxías están a facer avances diarios na nosa vida, tanto laboral como persoal. Centrándonos no mundo do traballo, investigación ou estudiantil, temos que falar da ferramenta ISSUU, a cal nos permite acceder a un mundo inexplorado de publicacións online sobre diversas temáticas ou intereses. Por exemplo, a miña pescuda xirou entorno ás Bibliotecas Escolares e, como tal, atopei centos de documentos relacionados. Un dos cales é este:

miércoles, 16 de marzo de 2016

O meu lugar de traballo...

Para que poidades ubicar as miñas entradas, adxúntovos desde Maps o meu lugar de traballo, ainda que tamén me movo de vez en cando. Seguideme a pista!

sábado, 12 de marzo de 2016

Conto dixital

Comparto con vós o conto dixital deseñado desde a páxina Storybird, a cal está deseñada para que poidamos interactuar cos nosos cativos, personalizarlles o conto e empregar as TIC na nosa tarefa docente e pedagóxica. Asemade, adxunto a direción da páxina por se vos animades! Storybird





Benvidos!

Benvidos á miña nova aventura na rede. Dou inicio a este Blog educativo con unha das películas obrigadas dentro da nosa profesión, actualmente en época de crise. Espero que disfrutedes!





 La Educación Prohibida