miércoles, 23 de marzo de 2016

O concepto de xogo

Desde sempre, os nosos cativos estiveron movidos dentro da curiosidade e ledicia de aprender xogando, interactuar con un referente real ou virtual que os guiase por aventuras descoñecidas. Pois ben, dentro da era da comunicación e información na cal vivimos, os docentes e profesionais da educación non podemos deixar á marxe a importancia que pode chegar a ter o xogo e, máis concretamente, o videoxogo, dentro da formación dos nosos discentes. Para poder introducirnos neste apaixoante mundo virtual, podemos comezar por visitar as presentacións de SlideShare, unha ferramenta que nos permite acceder ou mesmo compartir todo tipo de información de interese en formato presentación, provocando así que todo o coñecementos que se quere transmitir, se faga de xeito atractivo para quen o visione posteriormente. Deixovos un exemplo da temática anterior, para que poidades opinar sobre a súa funcionalidade, tanto de SlideShare coma dos videoxogos para os nosos pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario